Segundo contan, Miguel Ánxelo namorouse dun adolescente cando contaba 57 anos e se
achaba no cimo da súa carreira. Foi o xoven modelo e aprendiz do artista, así como destinatario de abondosas cartas e sonetos de “unha tremenda sensualidade”: «O meu corazón está por primeira
vez nas mans de aquel a quen teño confiada a miña alma…». O veterano artista, extasiado polo sentimento ofrecía ao mozo deseños para a súa aprovación, solicitándolle que de non gustar llo
comunicase para pórse inmediatamente a elaborar outro máis oportuno pola noite… Entre eles houbo unha sólida relación de máis de 30 anos, mais segundo nos contan “non chegou a darse consumación
física”. Non? Quen pode asegurar que os amantes durante tres decenas de anos de sólida relación non aproximaron as súas carnes para deixalas fundirse so o lume da paixón?
Particularmente, non teño ningunha curiosidade sobre a profundidade das relacións íntimas da xente, quer morta, quer viva. Onde a xente toca e se deixa tocar, onde entra e onde deixa entrar, non é do meu interese. Mais cando, como nun caso como este, tan ousadas afirmacións se dan sobre a vida da xente sen fornecer vídeos ilustrativos, fotografías, testemuños e certificados avalados debidamente, entón sospeito beataría, homofobia ou unha fonda frustración anal acosada por algunha tentación autocensurada.
Non, amigos, a cousa é máis fácil que argumentar irracionalmente que “a relación ficou circunscrita ao ámbito artístico porque todo o demais -a diferenza de idade e a extracción social, a presión do ambiente no círculo papal, tamén a austeridade, soidade e abstinencia sexual que abrazou Miguel Ánxelo en prol do seu amor á arte- acabou impoñéndose fronte ao pracer físico”. Vaia, vaia, como pode alguén hoxe xulgar con tanto pormenor a contención amorosa dunha parella de hai centos de anos? Quen necesita argumentar que non esvaraban como nenos, entre gargalladas, sobre ríos de seme irrigado en corredores palatinos rodeados de frescos maxistrais? Quen precisa asegurar que non desfrutaban como porcos, que non se bababan de pracer, extasiados, até ficaren adormecidos co flácido membro de un na man do outro? Pola diferenza de idade? Pola abstinencia de quen? Pola influencia do Papa, esa institución modelo de contención sexual?
Por favor, lean os inocentes o Banquete de Platón, e verán como o grande Sócrates, mestre respectado e curtido señor, é disputado polos mozos da reunión como trofeo a gañar. Lerán como entre tanta filosofía, o xoven Alcibíades anda preocupado por tan diversas e comúns dimensións do amor humano… É que non se pode idealizar en exceso, porque se non o camiño da verdade se torna difuso.
Tati Mancebo: «Leo hoxe en varios sitios que o tradutor de Google mellorou moito nos último meses e que suma xa máis de 50 linguas entre as que ofrece tradución automática. Ao mesmo tempo lembro que hai unhas semanas probei por fin o Google Translator Toolkit, que é unha ferramenta para tradutores humanos que permite editar na mesma vista o texto orixinal e a súa tradución, facer anotacións á marxe sobre parágrafos e consultar outras ferramentas de axuda á tradución e que me pareceu francamente útil. Pero esta non era unha anotación sobre o prezo dos ebooks? Efectivamente. Quero facer referencia a un artigo ben interesante que analiza a reflexión saída hai días en The New York Times e que provocou moreas de comentarios desde todos os sectores do negocio do libro.
Agradezo ao editor Moisés Barcia o seu comentario de onte sobre a anotación Ler ou fumar, e recoñezo que non teño argumentos demoledores para rebater os seus, porque moitos son os elementos en discusión, moitos os modelos de negocio e moitas as circunstancias que rodean un concepto que queremos crer que que debe existir e ao que só lle faltaría unha cuantificación aceptada unanimemente: o prezo do ebook. Mais se cadra nin isto mesmo é certo nin preciso.
Uno entón un artigo interesante sobre o prezo dos ebooks en catelán e o tradutor de Google castelán/galego para comprobar a calidade da tradución dun texto que aparentemente non presenta moita complicación semántica. Vexamos o que sae:
A industria editorial está nun momento crítico en relación coa posibilidade de ofrecer os seus produtos de electrónica e / ou papel, unha das cuestións que habitualmente aparecen neste contexto no que está levantando máis controvertido é a relación entre o prezo do de produción eo prezo de mercado dun eBook, tendo en conta datos proporcionados por un artigo no The New Times chamou de Matemáticas Publishing Meets the E-Book, verificase que cinco dos seis maiores editores do libro son en Ok, como están en curso negociacións con Apple despois do anuncio do IPAD novo lector, cando o prezo da maioría das edicións de libros de ficción e non ficción será entre 12,99 dólares e 14,99 dólares ( 9-10 euros), prezo significativamente por debaixo da media para un libro de capa dura, o que sería cerca de US $ 26 (18 euros).
No entanto, os editores tamén din que os consumidores teñan esaxerado o potencial de aforro e teñen desenvolvido expectativas irreais sobre a consecuente caída de prezos, coa chegada dos libros electrónicos. Aínda que os custos de impresión poden desaparecer, unha serie de gastos que se aplican a todos os libros, como os gastos xerais, de marketing e de royalties, aínda en vigor. O que plantexa a seguinte pregunta: canto custa a producir un libro impreso en comparación con unha dixital? Os parecer das distintas editoras diferentes nas contas que utilizan para cubrir gastos diversas, pero tendo unha media de acordo con entrevistas con directivos de algunhas empresas podería ser:
Un libro de capa dura da andel $ 26 paga ao editor $ 13 para imprimir, almacenamento, distribución, ea editora paga 3, $ 25, incluíndo as copias non vendidas polos libreiros.
Para cubrir o deseño, composición e edición, a editora paga cerca de 80 centavos. Os custos de marketing teñen en media preto de US $ 1, pero poden ser maiores ou menores, dependendo do título.
O autor xeralmente paga 15% do prezo do que un libro de 26 dólares sería de arredor de 3,90 dólares.
O editor recibe $ 4,05 de que partido debe pagar por editores, versión deseñadores, espazo de oficina e de electricidade.
Se ollarmos para un libro electrónico, no marco dos acordos con Apple, os editores son aqueles que poñen o prezo final para o consumidor e venda polo miúdo actúa só como un axente, gañando unha comisión do 30% sobre cada venda. Así, en un e-libro a 12,99 dólares, o editor gaña $ 9,09. Ademais da renda bruta, a editora paga cerca de 50 centavos, para converter o texto nun arquivo dixital, composición dixital e edición de copia. Marketing é de preto de 78 centavos. O autor, neste caso gañaría preto de 25% da receita bruta, pero outros requiren a estimación sobre o prezo de consumo. Diante diso, en un e-book custa 12,99 dólares, o autor obtivo un beneficio de US $ 2,27-3,25.
Isto supón que a editorial vai gañar entre $ 4,56 e 5,54, antes de pagar a sobrecarga ou cancelación de adiante a apropiado.»
A primeira vista parece que o libro electrónico é máis rendíbel. No entanto, os editores apuntan que o e-books aínda representan unha parcela pequena do total das vendas (de 3 a 5%). Se o e-vendas do libro comezaron a substituír parte das vendas dos editores de libros impresos gardar unha morea de custos fixos asociados con edicións impresas, como espazo de almacenaxe, e menos necesidade de fondo de stock.
No modelo de impresión actual, os editores poden recuperar moitos dos seus custos e maiores beneficios a través da brochuras. Pero se os editores comezan a vender un e-libro a un prezo semellante ao libro de peto e reducir o prezo máis tarde, pode ser máis difícil para cubrir os custos e, consecuentemente, a edición de novos autores.
Este é o vídeo piloto do proxecto de filme documental BERTSOLARI, dirigido por Asier Altuna e producido por Txintxua Films. Agradecemos á nosa amiga Marga Romero a referencia, nítido exemplo do
que é o apoio social da lingua e da poesía. Orgulloso me sinto eu tamén de que o pobo vasco, desfrutando do propio, contribúa a manter a riqueza cultural desta vella Iberia que algúns queren
reducir mediante o lume do legado nacional español.
BERTSOLARI PILOTO SPANISH SUB. from txintxua on Vimeo.
María Xosé Bravo: «[...] A
celebración do “CULTURGAL” durante os anos 2007 e 2008 tivo unha acollida moi favorable entre as industrias culturais e foi un importante apoio para as asociacións do sector pero “no ano 2009 a
actual Consellaría de Cultura e Turismo decidiu suspendelo alegando falta de recursos para a súa organización”. No pasado período de sesións o BNG presentou unha iniciativa na que se instaba á
Xunta de Galicia a que no ano 2009 se celebrara o CULTURGAL, baseándose nos anos 2007 e 2008 como “fito importante” na política de promoción, proxección das industrias culturais e elemento
dinamizador da cultura galega. Con este evento celebrado no ano 2007 co Goberno bipartito, “a Xunta apostaba por visibilizar as industrias culturais galegas dándolle pulo no ano 2008 cunha gran
afluencia de público”.
A Concelleira de Cultura María Xosé Bravo lembrou que foi en decembro de 2008 cando a anterior Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, fixara A Coruña como sede permanente de Cultur.gal despois de avaliar a moi boa presenza de público na feira celebrada ese mesmo ano na cidade herculina que superou as 37.000 persoas, o que significou cuadriplicar a asistencia á primeira edición (nova que continúa a ser a última entrada da web oficial do Cultur.gal).
A Concelleira de Cultura da Coruña considera que a Consellería dirixida por Roberto Varela
cometeu un importante “un erro” no ano 2009 por non seguir apostando por esta iniciativa sendo a cidade da Coruña en solitario a que impulsou a celebración da Feira o pasado ano. O Partido
Popular argumentou no ano 2009 non contar con recursos nin tempo para organizalo, mais a concellaría de Cultura de A Coruña que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo foi quen de poñer en
marcha unha iniciativa semellante baixo o lema Achegarte que foi outro “rotundo éxito” con máis de 40.000 visitantes. [...]»
Se o ano pasado a Xunta negaba o apoio por falta de tempo e diñeiro, a organización institucional e o esforzo dos voluntarios demostraron que se podía facer con pouco diñeiro e montalo nun mes. Nesa altura, ao tempo que botaban a culpa demagoxicamente aos editores por non tela organizada, prometeron que para 2010 apoiarían a Feira. Por min que fagan o Cultur.gal onde sexa, mais, por favor, que as cifras de visitantes e participantes conseguidas até agora non baixen: as do ano caro ou as do barato, tanto me ten se o país non perde.
Camilo Nogueira: «[...] O rei que construiu o
Pórtico era filho do emperador Afonso VII e da emperatriz Berenguela. O pai fora coroado na catedral de Santiago como rei da Galiza. Os restos da nai, como os de el mesmo, os do seu filho e os
de um neto galego de nai portuguesa que morreu de jovem antes de poder ser rei, jazem na Capela Real compostelana. Era bisneto de Afonso VI, o que começou a construção da catedral románica
sobre a base da de São Pedro de Mezonzo. Este rei, que tomara o reino de Toledo, perdendo ao seu herdeiro de nai musulmana, na batalha de Uclés, lamentou a desgraça em galego, como se
transcreve na crónica fazendo uma excepção num texto escrito em latim: “Ay meu fillo !ay meu fillo! ¡Alegria do meu coraçon e lume dos meus ollos, solaz de mia velleze! ¡Ay meu espello, en que
me soía ver, e con que tomaba gran prazer! ¡Ay meu herdeiro mor! Cavaleiros, u me lo leixastes? ¡Dade-me meu fillo, Condes!”. Este sobresaliente rei foi desprezado por autores como Menéndez
Pidal desde uma ideologia castelanista baseada na pretendida figura alternativa de um tão fantasioso como insignificante Cide. Tataraneto da rainha e emperatriz galega Sancha, criada na Piadela
de Betanzos, o rei Fernando era o pai do Afonso VIII (dito IX) que já em 1188 reuniu uma Assembleia com a participação das classes populares e em 1218 fundou a Universidade de Salamanca, a
primeira na Península, com professores galegos formados em Paris e Bolonha e com o arcebispo de Santiago como reitor assumindo numa nomeação que se manteria no resto da Idade Média. Salamanca,
como Zamora, Badajoz, Lisboa ou Évora pertenciam à metrópole compostelana. Genro de Afonso Henriques, o primeiro rei do Portugal arredado do cerne galego, fundou as Ordens de Santiago e de
Alcántara levando a expansão do seu reino até o Sul, de onde se tira o porqué de Salamanca ou Cáceres guardarem tanta obra galaica.
Foi no reinado de Fernando I (chamado II desde a ideologia de Espanha como nação única) e do seu filho Afonso VIII -enfrentados ao Papa aliado ao arcebispado de Toledo e ao recém estabelecido Reino de Castela- quando principiou o tempo político dos trovadores: desde a hegemonia de Compostela o galego era a língua romance de cultura, tanto em Coimbra ou Lisboa como em Toledo ou Sevilha. Avô de Afonso o Sábio, o romance de Fernando e da dinastía galega explica a língua utilizada para as Cantigas de Santa Maria.
Fernando era rei de Gallaecia. O Reino incluia a terra de além da montanha, como ocorrera desde o século V. Porém nos paineis da Exposição é apresentado como rei de Leão, tomando o nome de uma cidade –“civitate vocatur Legione, in Gallaecia”: “a cidade chamada Leão, na Galiza”, devo lembrar isto mais uma vez- que sendo uma residência da Corte desde que foi tratada assim por Ordonho II quando reinava desde Santiago, não pode ocultar nem o carácter central da cidade compostelana, nem a realidade do Reino da Galiza, uma palavra esta ausente da Exposição.
Mágoa. O Reino da Galiza é de novo negado numa ocasião tão especial como a do ano jacobeo e a de uma mostra tão singular como a que protagoniza o Pórtico da Glória. Não carece isto de importância em sí mesmo e no que revela, pois a consciência da personalidade histórica se corresponde com a capacidade para assumir as aspirações políticas, institucionais, económicas e linguísticas próprias deste tempo. Também as financeiras.» [Ler máis en Vieiros]
Este libro do profesor Anselmo López Carreira [conferencia sobre o particular] non poderá ser resumido aquí, sobre todo
porque para min constitúe xa un estudo de referencia de tal folgo que haberei de voltar a el sen cesar durante moitos anos, como se dunha enciclopedia concisa se tratase. É unha ferramenta
imprescindíbel para descubrir o que foi o primixenio reino galego xa na época sueva, como se ergueu o seu poder económico e cultural na área cristiana peninsular e como foi encuberta a súa
magneficiencia no final da Idade Media polo incipiente poder castelacéntrico e até os nosos días. E moito máis, no seu rigor e na súa profusión de datos, como as refutacións innúmeras da
existencia dunha Reconquista ou unha arte mozárabe, a demostrábel inexistencia de asentamentos musulmáns na Gallaecia e mesmo a iluminadora permeabilidade de culturas topicamente consideradas
incompatíbeis. Isto último revélase especialmente nos datos que demostran non só a existencia de cristianos arabizados en territorio andalusí (mozárabes), senón a existencia de pautas
tipicamente musulmanas en postos galegos de relevancia social:
«Na documentación dese longo período [séculos IX-XI] aparece —producindo inevitablemente unha inicial sorpresa— unha elevada cantidade de nomes de cuño islámico: Abdela, Abomar, Abuhab,
Abulcasem, Aiub, Citi, Habive, Hamite, Hasán, Marwán, Mutarraf, Muza, Omar, Suleimán, Zaida, etc., con especial concentración temporal no século X e principios do XI. Baixo eles desfila
un elenco social variado, aínda que pola natureza da documentación todos parecen pertencer a estratos elevados: propietarios agrícolas realizando transaccións coas súas tenzas, ou doazóns a
intitucións eclesiásticas, confirmantes de documentos, incluídos os diplomas reais; membros do Palatium rexio; e a máis elevada nobreza condal territorial, como é o caso dos casteláns
condes de Saldaña, os Banu Gómez e os Banu Ansúrez.
[...] Inclinámonos, por tanto, a favor da hipótese de que nos atoparíamos ante a poboación orixinaria da zona, islamizada, entendendo isto de forma matizada, e non necesariamente como a plena
adopción do Islam en todos os seus aspectos, pois neste supostro cumpriría falar de poboación muladí, o cal é inadmisible, como axiña se comproba pola referida cantidade de clérigos. [...] A
proporción dominante estaría constituída por cristiáns que adoptaron modos culturais islámicos, nunha época de intensas relacións mutuas en que Córdoba marcaba a pauta. Tal aculturación [eu
mellor diría 'arabización'] non se restrinxía, loxicamente, ao nivel onomástico, senón a outros moitos (vestimenta, etc.), mais como é natural só este aspecto asoma con nitidez na
documentación.» (280-281)
Con versos limpos, despidos e brillantes como o azo da navalla Eduardo Estévez corta para nós anaquiños de saborosa froita poética. A paisaxe é o mundo que o noso corazón consome cada día, por iso neste poemario é
estruturada nas racións da mañá, do mediodía, da tarde e da noite. Os ollos ven, mais non todo; o corazón sente, mais descoñece a fondura das vibracións alleas. Esa ignorancia, ese desexo de
completar o cadro do mundo que se abre perante os nosos ollos evidencia un veo, e este o recoñecemento da ansia de saber. A causa daquel veo, Eva quixo saber e mordeu a mazá. Porque a paisaxe é
rica sobre todo en misterios.
O obxecto, con fotografías do autor inseridas e feitura artesanal de Antonio Piñeiro, é máis un artigo de coleccionista da Colección Bourel que conta con unicamente 80 exemplares seriados, numerados e asinados. Unha encadernación rústica con papel de 160 gramos que asegura o máximo pracer dixital —aínda que non virtual—, para alén do poético.
Francisco Fernández Naval recibirá o X Premio de Poesía Fiz
Vergara Vilariño, no Concello de Sarria. O xuri estaba composto, entre outros, por Olalla Cociña, Cesáreo Sánchez e Miguel Anxo Fernán Vello. Máis información no blogue da A. C. Ergueitos, que vén de estrear o roteiro literario-artístico dedicado ao poeta de Lóuzara.

Non é sen tempo que
celebramos a aterraxe de Marcos Sánchez Calveiro na comunidade de Blogaliza. Cun percurso iniciado en 2005, hoxe conta xa nesta comunidade blogueira
non só co seu imprescindíbel Alfaias, senón que ademais xunta as últimas novidades literarias en espazos específicos para que participemos do seu
asombrosamente sólido afianzamento no sistema literario. Un talento que só os máis inconscientes deixarán de atender.
Os seus últimos traballos están a ser documentados en Settecento e O pintor do sombreiro de malvas.
A principios de mes O porto dos escravos ubicouse en terras blogalegas. Porque o mar é sempre o mesmo e o porto desde que o
necesariamente nómade. Aliás, non dubido que precisemos por estas latitudes un espazo para escravos onde poderen observarse como tais uns aos outros e se cadra atinxir algún día un destino
libertario. Tantos aínda a loitarmos por liberdades básicas…
Mario Regueira é sen dúbida un dos nomes de referencia na literatura galega deste inicio de século, o que sen dúbida non deixará producir máis e máis ecos conforme a súa obra continúe a irradiar luz. Así vemos o seu talento, así a forza do seu discurso. Paralelamente ao porto de referencia, máis dous espazos albergan o froito da súa pluma: Blues da crescente e Dor Fantasma.
Celebramos tamén a decisión de Manuel Rivas de residir na Blogaliza, para tantos un espírito sempre atento ao movemento continuo deste país, no sentido
meliorativo do termo. Agora contamos coa súa presenza acarón de nós tamén no mundo virtual, o que nos permitirá estar máis en contacto cunha das mentes máis creativas e un dos corazóns máis
apaixonados da nosa intelectualidade.
O máis estraño (A boca da literatura) é o seu novo blogue.
Vieiros referencia no artigo «A AGLP “abre as portas” da
cultura galega no Brasil» a presenza de Concha Rousia e Isabel Rei na Conferéncia Internacional sobre o futuro da língua portuguesa, como representantes da Academia Galega da Língua Portuguesa; ao tempo, Galicia-Hoxe nota a presenza do presidente do Consello da Cultura Galega
en «Villares en Villares escolle Brasil como ponte para América», no mesmo evento transoceánico.
Cónstame que son tres persoas comprometidas co galego, representantes de institucións en favor da dignidade e do futuro da nosa cultura; tamén, que as tres visitan o Brasil coa intención de vencellar a Galiza cos países que oficialmente fan parte da lusofonía. No entanto, as noticias, que podían ser unha para ambas as visitas, mostran a distancia a que estas dúas representacións galegas se moven no maior país lusófono do mundo. Elas e el, representantes dun paisiño de menos de tres millóns de habitantes que loita por facerse ver no mundo e contra a devastadora inercia das políticas españolizantes, externas e internas.
Moito gustaba eu de que atopásemos o modo de non diversificar e mesmo contrapor os esforzos neste país, sobrado de creatividade e ousadía, embora non de tempo para acudir no socorro da cultura propia.



